Gobierno de España. Ministerio de Economía, Industria  y Competitividad. Sede Electrónica; ir a inicio.
Estás en:
  1. Inicio
  2. Procedementos e servizos electrónicos
  3. Programa Estatal de Fomento de la Investigación Científica y Técnica de Excelencia

Apoyo a Centros de Excelencia “Severo Ochoa” y a Unidades de Excelencia “María de Maeztu"

De acordo co artigo 5 da Orde CIN/506/2010, do 26 de febreiro (BOE-A-2010-3694), as persoas xurídicas están obrigadas a presentar as solicitudes, escritos e comunicacións relativas a estes procedementos por medio deste rexistro electrónico. Para as persoas físicas a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións por medio deste rexistro electrónico terá carácter preferente, pero será voluntaria, sendo a alternativa a presentación nos lugares sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE-A-1992-26318), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo o artigo 32.3 do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro (BOE-A-2009-18358), polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE-A-2007-12352), de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos establece que se existe a obriga de comunicación a través de medios electrónicos e non se utilizan os ditos medios, o órgano administrativo competente requirirá a correspondente emenda, advirtindo que, de non ser atendido o requirimento, a presentación carecerá de validez ou eficacia.

 

© 2009-2017 Ministerio de Economía, Industria e Competitividade

Subdirección General de Tecnologías de la Información y las Comunicaciones