Gobierno de España. Ministerio de Economía, Industria  y Competitividad. Sede Electrónica; ir a inicio.
Estás en:
  1. Inicio
  2. Accesibilidade

Accesibilidade

Información

En cumprimento dos principios de accesibilidade e deseño universal establecidos no art. 4. c) na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade traballa para garantir que todos os cidadáns -con especial atención ás persoas con algún tipo de discapacidade e maiores- que se relacionen co Departamento a través da súa sede central poidan acceder á información e aos servizos electrónicos en igualdade de condicións, con independencia das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos.

Para estes efectos as páxinas da sede electrónica central satisfan as prioridades 1 e 2 axeitándose ao nivel Dobre-A das directrices de accesibilidade para o contido web WCAG 2.0 do W3C, conforme ao disposto no Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

O noso traballo e o noso esforzo van encamiñados a seguir mellorando de forma continua a accesibilidade deste portal, e por iso esperamos a súa comprensión e a súa colaboración e convidámolos a axudarnos a mellorar este sitio web mediante o envío dos seus comentarios e suxestións.

Teclas de acceso rápido

As teclas de acceso son un dispositivo de navegación que lle permite navegar por este sitio web utilizando o teclado dunha maneira rápida. Mediante elas enlázase coas principais seccións e utilidades do portal.

  • Tecla 1 Páxina de inicio
  • Tecla 2 Procedementos e servizos electrónicos
  • Tecla 3 Sedes electrónicas
  • Tecla 4 Subsedes electrónicas
  • Tecla 5 Utilización da sede
  • Tecla 6 Propiedade intelectual
  • Tecla 7 Protección de datos
  • Tecla 8 Mapa web
  • Tecla 9 Accesibilidade

O uso das teclas de acceso depende do navegador do usuario e do sistema operativo. Algúns casos son:

  • Internet Explorer: manteña pulsada a tecla Alt prema a tecla de acceso, solte ambas as teclas e pulse Enter
  • Firefox (Windows): manteña pulsada a tecla Alt e prema a tecla de acceso.
  • Google Chrome / Chromium: manteña pulsada a tecla Alt e prema a tecla de acceso asociada.
  • Opera: manteña pulsada a tecla Mai, Esc e presione a tecla de acceso.
  • Sistema operativo Mac: en xeral, manteña pulsada a tecla Ctrl e prema a tecla de acceso.

Data de revisión de accesibilidade

  • Última revisión oficial: 25/11/2016
  • Nivel de Conformidade: Prioridad 1

Datos de contacto

Se desexa formular calquera queixa, consulta ou suxestión, por favor, fáganolo saber a través do noso formulario de contacto.

 

© 2009-2017 Ministerio de Economía, Industria e Competitividade

Subdirección General de Tecnologías de la Información y las Comunicaciones